OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE
O pasado venres 11 de marzo, visitáronnos dende a Escola Galega de Consumo para darnos uns Obradoiros sobre consumo responsable. Estiveron en todas as etapas, dende infantil ata 4º de ESO.
Traballaron aspectos como: a compra responsable, o etiquetado alimentario, a pirámide dos alimentos, a publicidade no punto de venta, así como analizaron as técnicas comerciais que se usan para incentivar o consumo.
A idea e aprender a mercar dun modo informado e crítico.
Velaiquí tedes os documentos gráficos do que deu de sí a xornada.
Comentarios
Publicar un comentario