Entradas

OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE

Imagen
O pasado venres 11 de marzo, visitáronnos dende a Escola Galega de Consumo para darnos uns Obradoiros sobre consumo responsable. Estiveron en todas as etapas, dende infantil ata 4º de ESO. Traballaron aspectos como: a compra responsable, o etiquetado alimentario, a pirámide dos alimentos, a publicidade no punto de venta, así como analizaron as técnicas comerciais que se usan para incentivar o consumo. A idea e aprender a mercar dun modo informado e crítico. Velaiquí tedes os documentos gráficos do que deu de sí a xornada.

ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
  O día 3 de novembro o alumado de primaria irá pola mañá a Biblioteca do Concello de Boqueixón para que a propia autora do conto " Alén loita e acariña ", Yolanda Neira, lle lo conte. Irán en varias quendas: -Primeira quenda: 1º e 2º de primaria. -Segunda quenda: 3º e 4º de primaria. -Terceira quenda: 5º e 6º de primaria. O día 4 de novembro virá Yolanda a contarlles o conto ao alumnado de infantil. En secundaria, farase a lectura do conto nas titorías. Posteriormente traballarase a Unidade didáctica do conto, presentada o 27 de outubro en infantil, primaria e secundaria. O 25 de novembro, ás 12:00 gritaremos todos o lema do conto. Depois, o alumando de secundaria terá unha videoconferencia con Yolanda sobre a violencia de xénero onde poderán facer preguntas.      A autora co Conto e presentando a Unidade Didáctica

OBRADOIRO DE MULLERES CIENTÍFICAS. 1º ESO

Imagen
 O  alumnado de 1º de ESO particiará nun obradoiro sobre " AS MULLERES CIENTÍFICAS: ISABEL ZENDAL E ÁNXELES ALVARIÑO" Por iniciativa da  Secretaría Xeral de Política Lingüística Impartido por  Fátima Rodríguez Piña Organizado polo  Equipo de Normalización Lingïstica do centro.

25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Imagen
   Un ano máis, a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto sumouse á  loita contra a violencia de xénero   e para poñer de manifesto a nosa repulsa e mostrar a nosa unión leváronse a cabo as seguintes actividades: - Acto simbólico no que todo o alumnado e todo o profesorado alzou as mans baixo o lema  "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!" , tirado do conto creado por Yolanda Neira,  Alén loita e acariña,  lido e traballado en todas as etapas ao longo do mes de novembro. - O alumnado de Educación Infantil participou no contacontos  Arturo e Clementina . - O alumnado de Educación Primaria traballou con diversas curtametraxes e cancións relacionadas coa temática da violencia de xénero. - O alumnado de Educación Secundaria asisitiu ao recitado de lemas e poemas e a exalumna Marina Vidal e Mario, de 3º de ESO, puxeron o broche musical a este día de reivindicación e de unión contra a violencia de...

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS "CONVIVE"

Imagen
Dentro do marco do Plan de Acción Titorial para o alumnado de 6º de Educación primaria os próximos dias 26 e 29 de novembro desenvolverase o   Obradoiro de habilidades sociais "conVIVE"   impartido por  Manuel Isorna , profesor da Universidade de Vigo, especialista en intervención socioeducativa en condutas adictivas. Actividades organizadas polo Servizo de prevención de condutas adictivas do Concello de Boqueixón conxuntamente co Departamento de Orientación do CPI Antonio Orza Couto e coa colaboración da Consellería de Sanidade. Este obradoiro será reforzado co obradoiro de nais e pais  "Educar en famlia"  que consta de catro sesións: 26 de novembro, 10 de decembro, 28 de xaneiro e 25 de febreiro

MÚSICA E MOVEMENTO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Imagen
  Premede nas seguintes ligazóns para poder desfrutar dos cativos e cativas de  4º  e  5º de  infantil  activando o seu corpiño.

¿CÓMO MEJORAR EL ESTADO DE ÁNIMO CON LA ACTIVIDAD FÍSICA?

El ejercicio y deporte nos mantiene en forma y saludables, pero también influye muchísimo en nuestra salud mental y estado de ánimo. Patry Jordán, colaboradora de Yo Elijo Cuidarme, te explica los motivos y las claves. El deporte nos ayuda a ser un poco más felices. cuando estamos haciendo ejercicio físico, segregamos endorfinas, conocidas también como hormonas de la felicidad. Son unos neurotransmisores que lo que hacen es conectarse con las neuronas de nuestro sistema nervioso y trabajan como un punto de unión entre nuestro cuerpo y nuestra mente. Resumiendo, estas hormonas nos producen placer, euforia, felicidad y nos alivian el dolor. Además de endorfinas, segregamos serotonina, una sustancia que influye en nuestro estado de ánimo.  La serotonina nos aporta una sensación de calma que nos ayuda a alejarnos de los estados depresivos  y, además, nos ayuda a conciliar mejor el sueño. Y, por último, también segregamos dopamina, una hormona vinculada a las adicciones que nos per...